Thursday 02 de May de 2024

O Concello iluminará esta noite a glorieta de Freixeiro de cor verde con motivo do Día do Doante de Órganos


A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada esta noite de cor verde con motivo do Día do Doante de Órganos. Dende o Consistorio colabórase deste xeito coa asociación Alcer para sensibilizar á poboación en xeral sobre a importancia de doar órganos tras falecer para poder salvar a vida de persoas que esperan un transplante.

Dende Alcer indicaron que Galicia foi unha das comunidades autónomas que máis negativas familiares rexistrou o pasado ano para acceder a doar os órganos dun ser querido, un 16%. Por este motivo, explicaron, “achegar á poboación este día é de vital importancia para as persoas que agardan unha segunda oportunidade de vida tralo transplante”. Así mesmo, recordaron que o pasado ano se realizaron un total de 298 transplantes de órganos, rexistrándose case 250 persoas en lista de espera.